QUE É O PLAN DE IGUALDADE?

CaixaBank Payments & Consumer conta cun plan de igualdade pactado coa representación das persoas traballadoras en febreiro de 2023, co cal dá cumprimento ao Real decreto 6/2019.

Con isto, CaixaBank Payments & Consumer establece a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes como un principio estratéxico na súa política corporativa e de recursos humanos.

O Plan de Igualdade consiste nun conxunto de medidas de igualdade que son de aplicación a cada unha das políticas de persoas e que se van implantar ao longo da vixencia deste plan, 4 anos.

Descarga o documento do Plan de Igualdade.

DESCARGAR


QUE É E COMO É O DISTINTIVO DE IGUALDADE NA EMPRESA?

CaixaBank Payments & Consumer conta co Distintivo de Igualdade na Empresa (DIE) concedido polo Ministerio de Igualdade e regulado polo Real decreto 1615/2009, do 26 de outubro.

IGUALDADE NA EMPRESA
 

Este distintivo implica que CaixaBank Payments & Consumer está comprometida co desenvolvemento de políticas de igualdade entre mulleres e homes no ámbito laboral, mediante a implantación do Plan de Igualdade, nas áreas de acceso ao emprego e as condicións de traballo, incluídas as medidas de conciliación e corresponsabilidade, a política retributiva con enfoque de xénero, a comunicación inclusiva, a responsabilidade social empresarial etc.

  ↵


COMPROMETIDOS CO PRINCIPIO DE IGUALDADE

En CaixaBank Payments & Consumer estamos comprometidos co principio de igualdade, diversidade e inclusión a través da sinatura da Carta da diversidade. Esta iniciativa, promovida pola Fundación Diversidade e recoñecida pola Comisión Europea, implica a adhesión a 10 principios que promoven a igualdade, a diversidade e a inclusión:

  • Sensibilizar sobre os principios de igualdade de oportunidades e de respecto á diversidade.
  • Avanzar na construción dun cadro de persoal diverso.
  • Promover a inclusión de todo o cadro de persoal.
  • Considerar a diversidade en todas as políticas de dirección das persoas.
  • Promover a conciliación e a corresponsabilidade.
  • Recoñecer a diversidade dos clientes.
  • Estender e comunicar o compromiso a todo o persoal.
  • Estender e comunicar o compromiso ás empresas provedoras.
  • Trasladar e facer chegar este compromiso a entidades terceiras.
  • Difundir as políticas de diversidade e inclusión (D&I) e os resultados.

CARTA DA DIVERSIDADE