Para CaixaBank Payments & Consumer pensar no futuro é pensar en sostibilidade, dous conceptos indivisibles que forman parte dos nosos valores.
A sostibilidade é inherente á nosa estratexia empresarial e integrámola de forma transversal na nosa actividade abordando as súas tres dimensións: ambiental, social e de gobernanza (ASG). Para conseguilo, contamos co noso Plan de Banca Sostible 2022-2024, que elaboramos de forma aliñada co Grupo e o seu Plan de Banca Sostible e coa área de Desenvolvemento Corporativo e Sostibilidade, desde a que se impulsa e se leva o seguimento do plan.
O plan está conformado por máis de 100 iniciativas que impulsar desde as diferentes áreas da entidade co obxectivo de axudar os nosos clientes a lograr unha transición sostible e seguir promovendo o impacto social positivo mediante solucións e produtos financeiros inclusivos.
Para logralo, promovemos unha cultura de sostibilidade entre os nosos empregados e empregadas, ofrecéndolles un ambiente laboral inclusivo e impulsando o seu talento e desenvolvemento profesional, e implementamos prácticas de bo goberno que nos garantan a correcta integración da sostibilidade na toma de decisións e en todos os procesos da organización.
Para elaborar o plan, realizamos un estudo de materialidade para identificar e priorizar os temas ASG máis relevantes para a nosa actividade tendo en conta a opinión dos nosos grupos de interese.
En CaixaBank Payments & Consumer, sumámonos aos compromisosdo Grupo CaixaBank para impulsar o progreso en diversos ámbitos da sostibilidade do noso ámbito.
Ademais, comprometémonos a contribuír na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030 das Nacións Unidas, en especial os seguintes 5, sobre os que a nosa actividade impacta de maneira máis directa:
Acompañamos os nosos clientes, particulares e empresas a unha economía máis sostible e facémolo posible mediante iniciativas que promoven o financiamento de produtos sostibles que reduzan o impacto no medio ambiente. O noso obxectivo é axudar a avanzar a sociedade a un futuro máis equilibrado co planeta.
Tamén impulsamos accións internas dirixidas á descarbonización da nosa actividade, como por exemplo a reciclaxe das nosas tarxetas, os TPV con opción de non imprimir o tícket ou a dixitalización da segunda tarxeta, entre outras iniciativas.
En CaixaBank Payments & Consumer temos o reto de xerar un impacto positivo nas persoas, especialmente nas que están nunha situación de vulnerabilidade.
Para conseguilo ofrecemos produtos e servizos que están adaptados ás necesidades de diferentes colectivos e empresas e que tamén inclúen criterios de inclusión social.
Así mesmo, financiamos e participamos en programas e proxectos que impulsan unha sociedade máis xusta e inclusiva.
Apostamos pola xestión responsable da nosa actividade, integrando os aspectos sociais e ambientais na toma de decisións dos nosos órganos de goberno e de cada unha das áreas e negocios que conforman a entidade.
Somos conscientes de que o éxito da nosa compañía se debe a que as persoas que forman parte dela están comprometidas cos nosos valores. Por iso, traballamos para lograr o seu benestar, ao mesmo tempo que fomentamos o seu talento e a súa sensibilización en materia de sostibilidade.
Tamén procuramos que a nosa actividade se desenvolva nun ambiente laboral inclusivo, diverso e igualitario.
CaixaBank Payments & Consumer utiliza cookies propias para analizar a túa navegación coa finalidade de mellorar tanto as funcionalidades do sitio web como os produtos e servizos que pon á túa disposición. Podes aceptar ou rexeitar o uso destas cookies premendo sobre os botóns "Aceptar" ou "Rexeitar". Para máis información, preme sobre POLÍTICA DE COOKIES.