TRANSICIÓN SOSTIBLE DE PARTICULARES

E EMPRESAS

 

Facilitamos a transición dos nosos clientes, particulares e empresas a unha economía máis sostible e respectuosa co medio ambiente mediante o financiamento de produtos e bens sostibles que reduzan o impacto nel.

CARA Á DESCARBONIZACIÓN

DA NOSA ACTIVIDADE

 

Desenvolvemos a nosa actividade con prácticas ambientais enmarcadas dentro do Plan de Xestión Ambiental do Grupo CaixaBank e de acordo cos principios de actuación en materia de sostibilidade.

Estamos reducindo o impacto directo da nosa actividade con plans de actuación en aspectos como o cambio climático, a economía circular, a mobilidade sostible e a promoción da eficiencia, entre outros. Pomos especial énfase na redución da nosa pegada de carbono e en incorporar os principios da economía circular.


CALCULAMOS E COMPENSAMOS A NOSA PEGADA DE CARBONO

Promovemos a descarbonización da nosa compañía a través do cálculo da pegada de carbono da nosa actividade operativa e do impulso de iniciativas para reducila e/ou compensala.

EDIFICIOS MÁIS SOSTIBLES

O noso edificio Experience Hub01 de Barcelona dispón da prestixiosa certificación LEED Ouro, un dos estándares de construción sostible máis esixentes do mundo. Este selo garante que o edificio é sostible polo seu deseño e proceso construtivo, ademais de ser un lugar san e seguro para as persoas que traballan nel.

Ao mesmo tempo, implantamos unha serie de requisitos de calidade ambiental para que os centros corporativos do Grupo CaixaBank sexan máis sostibles, con medidas que aumentan a súa eficiencia enerxética e hídrica e a prevención de residuos, entre outras.

TARXETAS DE PLÁSTICO 100% RECICLADO

Reducimos o impacto ambiental dos medios de pagamento grazas á innovación na fabricación e nos métodos de impresión das nosas tarxetas. 

En 2022 todas as nosas tarxetas de nova fabricación foron de plástico 100% reciclado. E máis do 97% das tarxetas que emitimos proceden de materiais sostibles (de plástico de orixe reciclada ou biodegradable). O 3% restante corresponde ao stock de tarxetas de anos anteriores que xa se está a acabar.

En 2022 emitimos máis de 6 millóns de tarxetas de plástico 100% reciclado en España.

PIONEIROS NA RECICLAXE DE TARXETAS

Co fin de fomentar a economía circular, CaixaBank tamén é a primeira entidade bancaria de España en xestionar a reciclaxe das tarxetas. Desde 2019 dispomos dun proceso de recollida de todas as tarxetas para a súa reciclaxe.

Para facer posible este proceso, a colaboración dos nosos clientes é clave, posto que entregan as súas tarxetas usadas nas nosas oficinas. Grazas a eles, puidemos reciclar máis de 2 millóns de tarxetas en toda España en 2022.

OUTRAS MEDIDAS PARA REDUCIR O IMPACTO DAS TARXETAS

Ampliamos o prazo de validez de 5 a 7 anos na maioría das nosas tarxetas. Con esta sinxela medida conseguimos proporcionar unha maior comodidade aos usuarios, que teñen que estar menos pendentes da renovación da súa tarxeta, ao tempo que reducimos o consumo de materiais e o seu impacto ambiental. 

Tamén estamos incentivando a contratación da tarxeta 100% virtual para os colectivos máis novos que queiran prescindir da física. Esta medida estase a aplicar de forma progresiva e sempre a partir da segunda tarxeta, xa que consideramos que ter unha física aínda é necesario. 

En 2022 emitimos o 1,3% de todas as tarxetas CaixaBank en formato virtual e o 19,3% das tarxetas de prepagamento.

DIXITALIZACIÓN DE PROCESOS

Acompañamos as empresas na transición dixital das súas vendas, o que, en moitos casos, permite minimizar os seus impactos ambientais. 

Adicionalmente, a nivel interno, en 2022 seguimos reducindo o volume de envíos postais a través de Negocio Directo, mediante o traspaso de canles offline a canles online. Ademais, no momento de impulsar campañas postais utilizamos papel certificado FSC e PEFC, que garante a xestión sostible dos bosques de onde se obtén a materia prima. 

Tamén en 2022 evitamos un 5,3% dos desprazamentos, como mínimo, dos nosos comerciais, grazas ao novo xestor InTouch. En realidade, os desprazamentos evitados son moitos máis, xa que o 5,3% corresponde ás operacións pechadas mediante o servizo de xestión remota.

REDUCIÓN DE PAPEL COS NOVOS TPV TICKETLESS

A finais de 2022 empezamos a implantar un novo software nos TPV que nos permite dar a opción, tanto ao comercio como ao cliente, de que non se imprima o recibo se non é preciso. 

Para isto, este novo software pon a disposición, tanto do comercio como do cliente, varias opcións para poder recibir e gardar o recibo en formato dixital (escaneamento de código QR, reenvío por WhatsApp ou correo electrónico, etc.). 

Con esta nova funcionalidade de ticketless podemos axudar, tanto a clientes como a comercios, a reducir o uso de papel nos casos en que non sexa necesario.

VEHÍCULOS COMERCIAIS CON MENOS EMISIÓNS

Avanzamos cara a unha mobilidade máis sostible grazas á progresiva implantación do noso plan de renovación de vehículos con modelos con distintivo ambiental 0 e ECO.