CULTURA CENTRADA NAS PERSOAS

 

En CaixaBank Payments & Consumer sabemos que o noso cadro de persoal é o noso maior activo. Por iso traballamos para que a nosa actividade se desenvolva nun ambiente laboral inclusivo, diverso e igualitario, no que se impulsan o talento e o desenvolvemento profesional de todas as persoas.

DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL E FORMACIÓN

Favorecemos o desenvolvemento das persoas que conforman o noso cadro de persoal mediante unha xestión por competencias para cada perfil profesional e posto de traballo, de maneira que todas as persoas do noso equipo poidan materializar o seu potencial.

A nosa estratexia de aprendizaxe baséase en tres liñas para que as persoas nunca deixen de aprender:

Formación Normativa

Según lo que exige el ente regulador.

FORMACIÓN RECOMENDADA

Según las temáticas que sugiere el Plan de Formación del Grupo CaixaBank.

AUTOAPRENDIZAJE

Según los intereses personales en áreas de conocimientos clave y habilidades.

No ano 2022 realizamos máis de 380 formacións e máis de 19.000 horas de formación a 6.487 persoas empregadas, é dicir, unha media de 30 horas por persoa.

 

DEVELOPMENT BY SKILLS

Trátase dun novo proxecto formativo para que o noso cadro de persoal estea mellor preparado para dar resposta aos rápidos cambios que se están a producir no sector financeiro (dixitalización, cambios de hábitos do consumidor…). Este proxecto baséase en transformar a xestión de desenvolvemento das persoas implementando un modelo baseado en job profiles e skills (perfís laborais e habilidades). Para lograr esta transformación establecéronse 4 building blocks ou fases:

A través deste provecto puidéronse identificar 321 job profiles en todas as empresas do Grupo CaixaBank.

IGUALDADE E DIVERSIDADE

Promovemos un ambiente de traballo seguro e inclusivo, baseado no respecto á diversidade e o fomento da igualdade de oportunidades, eliminando calquera tipo de discriminación e contribuíndo ao cambio social positivo. Para conseguilo, temos en marcha o III Plan de Igualdade con máis de 50 accións levadas a cabo.

QUERES SABER MÁIS?

Fomentamos o trato igualitario e respectuoso entre todas as persoas que conforman o noso cadro de persoal. Mediante formacións e diversos materiais de uso interno, contribuímos a promover o uso da linguaxe inclusiva e non sexista e dunha comunicación libre de nesgos e estereotipos.

Para favorecer un ambiente laboral baseado no respecto, a igualdade de oportunidades e a inclusión, desenvolvemos o programa Wengage, que ofrece sesións de mentoring sobre a diversidade de xénero, funcional e xeracional:

Mentoring femenino

MENTORING FEMENINO

Contribúe ao desenvolvemento de habilidades transversais e de liderado de mulleres con potencial, ao tempo que as axuda a superaren crenzas autolimitadoras.

Reverse mentoring

REVERSE MENTORING

Potencia a cultura dixital das persoas maiores de 45 anos a través do apoderamento das persoas máis novas, mentres se mellora o liderado dos dous colectivos e se transmite a sabedoría organizativa das persoas máis veteranas.

Por todo iso, desde o ano 2017 ostentamos o distintivo “Igualdade na Empresa” que outorga o Ministerio de Igualdade. En 2022 logramos renovalo cunha prórroga para 3 anos máis.

DISTINTIVO DE IGUALDADE

BENESTAR, BENEFICIOS SOCIAIS E COMPENSACIÓN

Entre estes beneficios destacan un salario fixo mensual competitivo e unha retribución variable vinculada a obxectivos, ademais dun seguro médico, entre outros.

LIVE & FAMILY

Para apoiar as familias das persoas traballadoras: axudas para gardaría, permisos retribuídos, seguros de vida e accidentes ou plans para familias que teñen unha persoa con discapacidade.

LIVE & HEALTHY

Para coidar a saúde do noso cadro de persoal cun seguro médico e dental, froita fresca nas oficinas, unha liga interna de pádel e un club de runners.

LIVE & FLEX

Para potenciar a flexibilidade e garantir o equilibrio entre a vida laboral e familiar: tarxeta restaurante, plan de retribución flexible Compensa+, beneficios bancarios do Grupo CaixaBank, flexibilidade horaria e un novo ecosistema laboral híbrido que combina o traballo presencial co remoto.

CAR SHARING

Ademais, o programa interno Car Sharing pon a disposición do noso cadro de persoal coches eléctricos para o seu uso particular, incluídas as fins de semana.