FINANZAS INCLUSIVAS E SOCIAIS

 

Pomos o noso compromiso coas persoas e coa sociedade no centro. Para facelo posible impulsamos iniciativas que facilitan o acceso a medios de pagamento e servizos de financiamento cada vez a máis persoas.

O NOSO COMPROMISO SOCIAL

 

Estamos comprometidos co progreso social e o benestar das persoas. Por iso, establecemos alianzas con entidades sociais que comparten os nosos valores de desenvolvemento sostible e de preservación do medio ambiente. A través da iniciativa "Conectados ao barrio", identificamos as entidades sociais dos barrios máis próximos ás nosas delegacións para desenvolver actividades e accións con elas.

PROGRAMA FÓRMULA SOLIDARIA

A través deste programa apoiamos iniciativas sociais que complementan os fondos de Acción Social da Fundación "la Caixa" con donativos e descontos de empresas colaboradoras. O obxectivo de Fórmula Solidaria é contribuír a facer realidade os proxectos das entidades beneficiadas. 

En CaixaBank Payments & Consumer, xunto con CaixaBank, Fundación "la Caixa" e a colaboración dos seus partners, beneficiamos máis de 68 entidades con proxectos, cuxa achega supera os 2 millóns de euros, destinados a apoiar colectivos vulnerables e en risco de exclusión social.

Programa Fórmula Solidaria

MOBILIDADE SOLIDARIA

PLUS ICON

Establecemos alianzas cos nosos clientes do sector da automoción para que ofrezan descontos e/ou doazóns que faciliten ás entidades sociais dotarse de vehículos sostibles. No ano 2022 levamos a cabo 45 proxectos por un valor total de 1,78 millóns de euros.

SAÚDE, SOLIDARIEDADE E SORRISOS

PLUS ICON

Desenvolvemos programas conxuntamente cos nosos clientes especializados que cobren as necesidades básicas oftalmolóxicas, odontolóxicas e auditivas dos colectivos máis vulnerables, cunha especial atención á infancia. Durante 2022 realizamos 5 proxectos deste tipo por un valor total de 162.000 euros.

TIC SOLIDARIO

PLUS ICON

Para reducir a fenda dixital realizamos doazóns conxuntas cos nosos clientes no sector da tecnoloxía e a información. 

A través destas doazóns, buscamos cubrir as necesidades materiais e informáticas das entidades sociais e os seus beneficiarios colaborando nos seus procesos de dixitalización. Durante 2022 levamos a cabo 7 iniciativas solidarias por un valor total de 70.000 euros.

FOGAR SOLIDARIO

PLUS ICON

Colaboramos con entidades sociais que teñen proxectos destinados a cubrir as necesidades básicas das familias vulnerables: produtos de primeira necesidade materno-infantil, sanitarios, de alimentación… 

Ademais, tamén contribuímos á adquisición de mobiliario adecuado para as instalacións destas entidades. Desta maneira, en 2022 destinamos 182.000 euros para 11 proxectos neste ámbito.

RENTING SOLIDARIO

PLUS ICON

Axudamos as entidades sociais para a renovación de vehículos menos contaminantes ou bens de equipo, segundo as novas normativas en materia de sostibilidade. E facémolo cunhas condicións e unhas cotas axustadas á súa realidade económica.

OUTRAS ACCIÓNS DO GRUPO CAIXABANK QUE PROMOVEN A SOLIDARIEDADE

Estoutras accións, dirixidas aos nosos clientes e á sociedade en xeral, impulsan a recadación de donativos e promoven a colaboración con entidades sociais. 

Semana Social CaixaBank

DOAZÓNS CON SENTIDO

PLUS ICON

ReUtilízame é unha iniciativa social de CaixaBank para que as empresas fomenten a doazón dos seus materiais excedentes en bo estado a entidades sociais. Este proxecto favorece a economía circular e logrou xa 384 doazóns de 19 entidades.

A ÁRBORE DOS SOÑOS

PLUS ICON

Esta é unha iniciativa solidaria que involucra o noso cadro de persoal, os nosos partners e moitos dos nosos clientes na compra de regalos destinados ás familias máis vulnerables. Grazas a ela, máis de 25.000 nenos e nenas puideron abrir os seus regalos de Nadal e Reis.

PLANTA O TEU PROXECTO

PLUS ICON

Cada ano, todas as persoas que traballan en CaixaBank Payments & Consumer poden presentar proxectos de entidades sociais para que teñan a opción de acceder ao apoio económico de Acción Social de CaixaBank. Xeralmente, trátase de entidades nas que colaboran ou coas que teñen unha vinculación concreta. En 2022 o noso cadro de persoal presentou un total de 11 proxectos e foron seleccionados 5 gañadores.

SEMANA SOCIAL

PLUS ICON

O noso cadro de persoal, xunto con familiares, amigos e clientes, participa nun maratón de voluntariado no marco da Semana Social de CaixaBank. En total, celebramos máis de 2.000 actividades repartidas por toda España e realizadas en colaboración con cerca de 1.000 entidades sociais. As accións que levamos a cabo na Semana Social teñen temáticas moi variadas: sensibilización e acción ambiental, atención ás persoas maiores e ás persoas migradas, educación, discapacidade ou pobreza infantil, entre outras. A partir de 2023 a Semana Social convértese no Mes Social co obxectivo de multiplicar o impacto xerado.

PLAN FAMILIA

PLUS ICON

Este é un programa desenvolvido pola Fundación Adecco para orientar e dar apoio a persoas con discapacidade. O seu obxectivo é traballar de forma integral coa persoa e a súa familia para mellorar a súa autonomía, inclusión social e acceso ao mercado laboral.

VER VÍDEO

PLAN AFLORA

PLUS ICON

Estoutro programa da Fundación Adecco tamén está destinado a mellorar a vida das persoas que teñen algún tipo de discapacidade e convertela nunha oportunidade. 

Para iso, esta iniciativa orienta e axuda persoas cunha condición de saúde crónica para que obteñan o certificado de discapacidade e aproveiten as súas vantaxes e beneficios sociais.

VER VÍDEO